Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Sábado, 31 xullo 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
Vázquez acusa a Feijóo de consumar
Vázquez acusa a Feijóo de consumar "a maior afrenta" ao declarar o galego "idioma hostil en Galicia"
O secretario xeral do PSdeG-PSOE advirte que o presidente da Xunta quere “relegar o idioma a unha categoría inferior no noso país”

Ourense, 13 de marzo de 10, O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “consumar a maior afrenta declarando o galego idioma hostil en Galicia”. Así o dixo nun encontro con cargos orgánicos e institucionais do PSdeG-PSOE de Ourense, na que acusou a Feijóo de ser o “principal adversario das políticas sociais do país atacando de maneira inmisericorde a educación, a sanidade ou a dependencia” e acadando o maior número de parados da historia.


O líder dos socialistas galegos acusou a Núñez Feijóo de “reiterar o seu ataque ao principal sinal de identidade” de Galicia coa presentación do decreto do galego no ensino e advertiu que “caladamente e sen que o vexa ninguén pretende relegar o idioma a unha categoría inferior no noso país”. Vázquez chamou aos socialistas galegos a non permitir este “ataque” e a “mobilizarnos, traballar e defender que non é impune atacar o noso sinal de identidade”.
 

Dixo que o presidente da Xunta de Galicia é o “principal adversario das políticas sociais”, e tamén da educación, onde 56.000 familias que tiñan libros de texto gratuítos “con Feijóo están vendo que teñen que pagalos do seu bolsillo”.


Ademais, dixo, en un ano de goberno do PP na Xunta, Galicia acadou o máximo nivel de paro da súa historia, con 234.000 parados e 49.000 familias con tódolos seus membros desempregados. Criticou que a pesares de ter a totalidade das políticas activas de emprego transferidas “o primeiro que fixo foi reducir o investimento para as políticas activas de emprego nos orzamentos de 2010”.


Engadiu que, no caso da sanidade, hoxe temos 250.000 persoas nas listas de espera, que se incrementaron de novo por vez primeira en cinco anos e “recuperando as taxas máis altas que houbo nunca”, chegando a subir en hospitais galegos un 44 por cento en só 9 meses.  Ademais, lembrou que hoxe segan sen estar contemplados o 43 por cento dos dependentes con dereito a paga.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
alt=
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da...
"A proposta de Feijóo sobre o financiamento das universidades supón un paso máis no desmantelamento dos servizos...
alt=
Os socialistas prensentan o recurso contra a concesión da planta de biomasa de Ence

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla