EDITORIAL
Comenzamos, este primeiro dia de febreiro, o envío dos Boletins Municipais deste ano 2010, Ano Santo no que conmemoraremos tamén o centenario de Luis Seoane, de Torrente Ballester e de Maruja Mallo e os primeiros dez anos da Muralla lucense como Patrimonio da Humanidade. Un “ano dez”, que iniciamos estreando estructuras provinciais e órganos de coordinación, con moita actividade orgánica e institucional e moitos proxectos a curto medio e longo prazo.
Galicia estrea este ano protestando nas rúas fronte o ataque de Feijoo ó galego; desconfiando da capacidade deste Goberno para convertir o Xacobeo nunha oportunidade económica e social; dividida ante as incertezas do mundo financeiro galego e consciente dos déficits que as políticas de benestar están a sufrir dende a chegada do PP. España estrea Presidencia de turno da UE, có reto de proponer solucións de futuro a unha economía ainda maltreita e o tremor de Haití fai que o mundo enteiro se interrogue acerca de las soluciones válidas para el desarrollo de los países más pobres.
O municipalismo arranca un ano crucial: o último antes da cita electoral de maio 2011. Un ano o que xestionar un novo Feil, no que rematar moitos proxectos pero tamén un ano que pode marcar un antes e un despois na vida dos nosos Concellos. O Goberno ultima, conxuntamente coa FEMP, un proxecto de lei para o Estatuto de Goberno Local, na liña do impulsado pola Junta de Andalucía; esta ansiada Lei virá acompañada dunha nova norma das Facendas Locais. Todos os Concellos esperan – unha vez máis – que este ano sí sexa o momento de rematar a modernización da nosa arquitectura institucional cunha nova Lei que lles recoñeza competencias, lles dé máis autonomía e lles otorgue un papel, no só de xestores, senón tamén de actores responsabeis das decisións políticas. E qué decir da necesidade dun novo financiamento… máis de vinte anos despois, os Concellos esperan ser, esta vez sí, protagonistas do presente e do futuro.
Este será o primeiro Boletín de moitos outros donde atoparemos as vosas experiencias, o voso coñecemento, donde reflexionaremos e intercambiaremos información e formación para mellorar a capacidade de tantas persoas que cada dia resolvedes problemas dos cidadáns en cada rincón de Galicia. En poucos día abriremos un blog para seguir utilizando a rede máis global para modernizar a comunicación entre os Grupos municipais e a militancia e o Banco de Boas Prácticas será un escaparate onde atoparemos os mellores exemplos do que os socialistas facemos dende os gobernos municipais. Para que todo isto se faiga realidade e nos sirva a todos e todas, recordade, sodes esenciais vós, coas vosas aportacións e suxestións. Moitas gracias e imos aló!.