Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Xoves, 2 septembro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
O PSdeG sinala que o decreto do galego de Feijóo elimina a discriminación positiva do galego
O PSdeG sinala que o decreto do galego de Feijóo elimina a discriminación positiva do galego
Meijón cualifica de “despropósito” o borrador e sinala que esta norma foi “elaborada “de costas á sociedade galega e da comunidade educativa”
- Guillermo Meijón critica que o novo texto normativo “elimina dun plumazo a discriminación positiva a favor da lingua galega, que ten precisamente como obxectivo garantir a competencia do alumnado nas dúas linguas, galego e castelán”

- Sinala que os socialistas “sempre estarán a prol do consenso e da concordia, como ben teñen amosado en todos e cada un dos grandes fitos en Política Lingüística que definen o actual marco normativo e esixe ao PP que demostre no Parlamento o seu compromiso co consenso lingüístico”
 
Santiago, 31 de decembro de 2009. O portavoz de Educación do PSdeG Guillermo Meijón, cualificou de “despropósito” o borrador do Decreto do Galego presentado por Feijóo e dixo que “busca trasladar ás aulas galegas o conflito da lingua xerado polo presidente da Xunta”. Criticou a “estratexia de nocturnidade, premeditación, alevosía e opacidade de presentar este borrador de Decreto nas festas de Fin de Ano e en plenas vacacións da comunidade educativa”.
 
Meijón sinala que esta norma foi “elaborada “de costas á sociedade galega e, nomeadamente, da comunidade educativa” e “por persoas que poucas ou ningunha vez pisaron as aulas” o que, sinala, “non invita precisamente a albergar grandes esperanzas de cara ao consenso lingüístico”. 
 
O parlamentario socialista apunta que o texto presentado “reflicte nidiamente a existencia de moi diferentes posicionamentos dentro do Partido Popular”, o que “ten provocado que o propio Presidente Alberto Núñez Feijóo prefira levar o debate e o conflito lingüístico a cada aula e centro de Galicia, antes de afrontar as grandes liortas que ocasionaría unha toma de posición clara por parte do Conselleiro de Educación”.
 
Contra a discriminación positiva
 
O responsable socialista sinala que o novo texto normativo “elimina dun plumazo a discriminación positiva a favor da lingua galega, que ten precisamente como obxectivo garantir a competencia do alumnado en galego e castelán”. Sinala así que o máis relevante é unha drástica redución de horas en lingua galega, “que pasan a ter, no mellor dos casos, unha mínima garantía dun terzo do horario, mentres o castelán podería abarcar o resto das horas salvo a materia de lingua estranxeira”. 
 
Dixo que a posibilidade de elixir a lingua por parte das familias periodicamente apunta “serias dúbidas funcionais sobre a súa aplicación real”, xa que o plantexamento apuntado polo Executivo “mesmo condenaría a moitas destas familias a resultar privadas do exercicio deste “suposto dereito”.
 
Consenso
 
Meijón alude ademais ao Informe do Consello da Cultura Galega, que advirte de que "en ningún caso se deben tomar medidas que supoñan pasos atrás no proceso de recuperación do galego" e que a nosa lingua “precisa dun apoio especial para superar a súa posición actual de desvantaxe”. 
 
Sinalou que o PSdeG-PSOE e o Grupo Parlamentario Socialista sempre estarán a prol do consenso e da concordia, e reclamou coñecer as “verdadeiras intencións” do actual goberno, polo que reclamou a Feijóo e ao PP que, de ser certa a chamada a o consenso, apoien a moción presentada polos socialistas no Parlamento neste sentido. 
 
Nesta iniciativa socialista faise referencia á proposta do Consello de Cultura Galega de crear unha Comisión Parlamentaria na que as tres forzas políticas, xunto cos axentes sociais e a comunidade educativa poidan debater serenamente sobre o desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización, nomeadamente no eido educativo.
Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
xoven galego, socialista - 07/01/2010
a moairía dos xovenes galegos que medramos coa autonomía e coa TVG temos moita conciencia galeguista, ainda que alguns falemos castelán moitas veces. Eu quero poder votarlle a un partido galeguista convencido, sin caer en extremismos BNG, pero quero un PSC á galega. é a clave do éxito e a unica oportunidade para desbancar ó PP do poder.
 
Anxo - 04/01/2010
Os mozos queremos un PSdG que defenda a nosa terra, e ao contrarío do que di belen seoane, defender ós cidadáns é defender a súa cultura, e o seu idioma, que é o galego.

En Galicia temos dous idiomas oficiais, o castelán, idioma oficial de toda España, e o galego, o NOSO idioma, e non se pode permitir a certos políticos acabar cun idioma que nin os Séculos Escuros puideron, grazas, a que o pobo nunca deixou de usalo.

Sen dúbida, se o PSdeG quere ser referente político en Galicia, debe aproximarse á política do PSC, e afondar no galeguismo dentro do socialismo, e do federalismo.

O socialismo galego conseguiu os seus maiores triunfos electorais precisamente cando mais galeguista foi, é, precisamente un dos factores de perder as ultimas eleccións, foi, non defender abertamente o galego fronte o españolismo de Feijoo.
 
isabel rey - 02/01/2010
Por favor, pónganse de acuerdo en educación ustedes y el pp, es la única forma de que nuestros hijos puedan estudiar con coherencia durante varios años. Ustedes y el pp tienen la mayoría absolutísima en Galicia. No dejen que acabe gobernando siempre el BNG.

Gracias
 
belen seoane - 02/01/2010
El psdg debería de desmarcarse de posicionamientos próximos al bloque como hizo antes de las elecciones.

No puedo votar por un partido que defiende una lengua antes que a los ciudadanos.
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
"Feijóo situou a Galicia, en tan só un ano, entre as tres comunidades co peor servizo sanitario...
O PSdeG critica a “desfachatez” de Feijóo por acollerse á modificación da LORCA para “tapar as insuficiencias” da fusión das caixas
O PSdeG critica a “desfachatez” de Feijóo por acollerse á modificación da LORCA para “tapar as insuficiencias” da fusión...
alt=
Tomé Roca critica que a falla de política laboral da Xunta "non a salva nin o Xacobeo"
O PSdeG reúne entre mañá e o sábado aos seus catro comités provinciais e o luns á Executiva
O PSdeG reúne entre mañá e o sábado aos seus catro comités provinciais e o luns á Executiva
alt=
Meijón denuncia o "avance desmedido das políticas regresivas de Feijóo no ensino público"

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla