Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Sábado, 31 xullo 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
García pide a Feijoo “que deixe de tirar a pelota ao Goberno central e poña medidas sobre a mesa”
García pide a Feijoo “que deixe de tirar a pelota ao Goberno central e poña medidas sobre a mesa”
O PSdeG insta á Xunta a que traballe para resolver o problema do sector lácteo e habilite axudas directas aos gandeiros

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2009.- O PSdeG-PSOE acusou hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, de “mirar cara outro lado” ante o problema que está a sufrir o sector lácteo en Galicia.  O secretario de organización do PSdeG, Pablo García, pediulle “que deixe de tirar a pelota ao Goberno central e poña xa medidas sobre a mesa”. e instou ao presidente do Goberno autonómico e ao conselleiro de Medio Rural a que “se poñan  a traballar de inmediato” para resolver un dos problemas máis graves que está a sufrir o sector leiteiro nos últimos anos.

O secretario de organización do PSdeG pediu expresamente a Feijoo “que non faga só de observador e que aporte solucións”  e  “que apoie aos gandeiros con axudas económicas directas, ao igual que están a facer outras comunidades autónomas”.

García sinalou  que  Feijoo “limítase a recoñecer  o problema e dar a razón aos gandeiros, pero non lles aporta solucións” mentres que o conselleiro de Medio Rural “está completamente desaparecido”. O secretario de organización pídelles a ambos que “deixen de exercer o escapismo e se poñan a traballar”.


Pablo García afirmou que o Goberno de Feijoo “non fai nada máis que lamentarse e botar balóns fóra”. “Mentres o Goberno central está traballando, a Xunta segue paralizada”, sinalou,  recordando que “ mentres que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño está  mantendo reunións con produtores e distribuidores para atopar solucións ao problema,  o Goberno de Feijoo non está facendo nada”.


Por elo, García demandou a Feijoo que “abandone a demagoxia e o escapismo, e se poña dunha vez a gobernar, que é o seu traballo”, e que aporte solucións inmediatas aos gandeiros.


O PSdeG esíxelle á Xunta  que tome exemplo doutras comunidades autónomas e estableza axudas directas ao sector dun máximo de 7.500  euros por explotación, que é o permitido pola Unión Europea. O partido socialista reiterou ademais o seu apoio ás reivindicacións dos gandeiro se as súas manifestacións, aínda  que condenando as actitudes violentas, como as que se produciron no día de hoxe. 

 


 


 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
alt=
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da...
"A proposta de Feijóo sobre o financiamento das universidades supón un paso máis no desmantelamento dos servizos...
alt=
Os socialistas prensentan o recurso contra a concesión da planta de biomasa de Ence

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla