Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Martes, 9 febreiro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
"Non se lle pode ter medo ó futuro; o futuro deste país o vamos construír nós"
Manuel Vázquez, novo Secretario Xeral do PSdeG co apoio do 90´5% dos votos favorables

Pontevedra, 24 de abril de 2009.- O novo Secretario Xeral do PSdeG, Manuel Vázquez Fernández, afirmou esta tarde que “abriremos as portas do Partido Socialista a todos os cidadáns” e manifestou o seu “inmenso agradecemento só comparable á ilusión que teño para empezar a traballar e ó compromiso co que vamos ser capaces de reforzar, cambiar, potenciar este partido, co único obxectivo de transformar este país”.


A súa candidatura foi apoiada polo 90´55% dos votos dos delegados, despois de presentar un proxecto para o PSdeG que é, segundo dixo, “a única alternativa de goberno para transformar este país”.


Nas súas intervencións no Congreso Extraordinario que o PSdeG está celebrando en Pontevedra incidiu en que “empeza unha época nova, nin mellor nin peor, distinta, pero da que co voso apoio e o de quen representades ten que saír un novo proxecto de país, para Galicia, para a nosa terra, e imos ser capaces de ilusionar a miles de Galegos e de galegas”, dixo Vázquez.


“Non se lle pode ter medo ó futuro; o futuro deste país o vamos construír nós”, aseverou, polo que prometeu para os próximos anos “vivir con pasión uha tarefa tan bonita e apasionante que é vivir con vós” e estar cerca de todas as agrupacións, das grandes e das pequenas.


"Vou facer política con maiúsculas, para a xente anónima, para a xente que necesita de nós, para os que esperan que fagamos o que lles prometemos”, asegurou Pachi Vázquez no seu discurso ante o Plenario do Congreso. Pero engadiu que “este desafío non o fai un home só, senón que ter que ser unha decisión colexiada”, polo que  “hai que debater e falar” dentro do partido; “o camiño está moi claro, e é ser responsables para que non haxa un só militante deste partido que quede fóra deste proxecto”, agregou.


Ademais Vázquez asegurou que “neste proxecto cabemos todos”,  e que todos o militantes deste partido están chamados a participar activamente. Ademais explicou que a súa máxima será “un home/unha muller: un cargo”, polo que a nova Executiva que presentará mañá ó mesmo Plenario ten que ter tempo para traballar, igual que el vai dedicar todo o seu “tempo empeño e ilusión” a esta nova estapa que comeza o PSdeG.

 
Non faltou por parte do novo líder dos socialistas galegos o agradecemento ó seu antecesor Emilio Pérez Touriño, polo seu traballo dirixido sempre a “sumar, unir e conseguir gobernar este país”. Tamén agradeceu a Jaime Barreiro a asunción do reto de dirixir a nova Escola de Dirixentes Socialistas que a nova directiva creará.  
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG insta a PP e BNG a acordar a reforma da Lei de Caixas adaptándoa á LORCA para lograr a retirada do recurso
O PSdeG insta a PP e BNG a acordar a reforma da Lei de Caixas adaptándoa á LORCA para lograr a...
Verdes reclama diálogo cos transportistas para acordar as taxas de transporte de gando
Verdes reclama diálogo cos transportistas para acordar as taxas de transporte de gando
alt=
O PSdeG dará "voz propia ao municipalismo" na Conferencia Política que terá lugar os...
Vázquez anuncia a reestructuración do Grupo Parlamentario para abordar políticas que falen
Vázquez anuncia a reestructuración do Grupo Parlamentario para abordar políticas que falen "dos problemas da xente"
alt=
O PSdeG e a Cámara Oficial Mineira analizan a inclusión das propostas do sector na reforma...

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla