Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Sábado, 31 xullo 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
Pachi Vázquez presenta o proxecto que levará ó Congreso Extraordinario
Pachi Vázquez presenta o proxecto que levará ó Congreso Extraordinario
Anunciou que ten "as ganas, a ilusión e a forza" para encabezar un proxecto de "profunda renovación de toda a estrutura do PSdeG"

Santiago, 17 de abril de 2009.- O dirixente socialista Manuel Vázquez presentou hoxe ante os medios de comunicación o proxecto que levará ó Congreso Extraordinario dos próximos días 24 e 25 abril, “días claves para o PSdeG e para Galicia”.


Despois de reunirse con máis de 140 agrupacións locais das 32 comacas galegas e cunha representación das bases que prestaron o seu apoio na propia rolda de prensa ás que lle agradeceu o seu compromiso, Vázquez anunciou que ten “as ganas, a  ilusión e a forza” para encabezar un proxecto de “profunda renovación de toda a estrutura do PSdeG”.


Un dos principios que rexerán esta renovación, segundo avanzou Vázquez, será a regra “unha muller/un home-un cargo”, e a filosofía que se seguirá pode resumirse nunha soa palabra: a participación. “A nosa militancia ten sede de participación, de que a escoiten”, afirmou.


Deste xeito explicou que na súa proposta se habilitarán canles de participación para que todos os militantes sexan parte activa do modelo, ó que engadiu a súa vontade de “abrir portas, ensanchar a base orgánica, e sobre todo  participar en todas as estruturas sociais de Galicia”.


“O gran cambio ten que nacer de abaixo a arriba, desde cada agrupación, abrindo as portas sobre todo nas políticas de proximidade de cada un de nós”, dixo.


Explicou ademais que os cerca de 15.000 militantes que forman o PSdeG falarán no Congreso “con franqueza, asumindo o positivo e recoñecendo os erros”, pero especialmente coa vontade de ser a alternativa de goberno xa que “o PSdeG é a única alternativa de goberno seria e rigurosa deste país”.


Con respecto á Executiva que presentará  dixo que ”ten que ter tempo para traballar, ninguén pode estar en dous ou tres sitios á vez”, e ter tempo implica “a vocación de ser o motor político do socialismo galego, de reunirse cada luns e tomar decisións, ter unidade de acción”.


Unha das súas propostas estrela será a creación en Galicia dunha Escola de Dirixentes do PSdeG, e dentro da Executiva “as áreas de formación e de novas tecnoloxías serán claves”.


Vázquez afirmou ter a sensación, despois de escoitar á militancia, de que moitos comparten estas ideas, polo que dá este paso e toma a decisión que está tomando, que é “poñer enriba da mesa esta alternativa”; algo que fai con ilusión. “Agora serán os compañeiros os que apoien o proxecto ou non, sen dramas”, agregou.


Con respecto ás persoas que teñan un punto de vista diferente, amosou a súa vontade de “diálogo e integración”, xa que está disposto a recibir ideas e propostas.


Debate de Investidura


Preguntado polos xornalistas, Vázquez valorou o debate de investidura, do que ao seu xuízo se constata que “o PP non gañou as eleccións, perdémolas nós”.


O conselleiro en funcións de Medio Ambiente afirmou que o discurso de Leiceaga foi impresionante, mentres que do de Feijoo, despois de presentarlle o seu respecto por ser o novo Presidente de todos os galegos, dixo que foi un discurso “de cortesía”, sen medidas concretas, e o contrario de todo o que dixera ata o 1 de marzo cando todo era culpa de Touriño.


Como cidadán, Vázquez cre que a intervención de Feijoo pódese resumir esencialmente en “estamos moi mal, nos imos poñer peor, e hai bastante pouco que facer”. Pero avisou de que “os cidadáns galegos non entenderían que dende a toma de posesión non haxa actividade intensa por parte do Goberno e da oposición”.


Chegada do AVE


Con respecto ó AVE, afirmou que José Blanco,  Ministro de Fomento, “é a mellor garantía das de verdade de que Galicia ten un horizonte de futuro optimizado”, e a chegada do AVE será canto antes, “se pode ser hoxe non vai ser mañá”.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
Juan Carlos Paz Santos - 19/04/2009
Non sei por que se lle da espazo na páxina oficial do PSdG a un candidato e non a outros. Non creo que sexa un bo principio para a rexeneración da que tanto falan os lideres do noso partido. Polo menos espero que Patxi VAzquez teña o detalle de cederlle delegados a Gonzalo Caballero no caso de que lle fixeran falla para presentar a sua candidatura. Mais democracia e participación da militancia de forma real e concreta, con feitos e non soi vender fume. Aprender dos erros e non volver a caer neles sería o mais positivo das derradeiras eleccións.
 
ANTONIO CHAVES - 18/04/2009
Estimado Pachi:
Benvido ás formulacións que algúns vimos mantendo dende hai tempo.
Quero pensar na túa sinceridade ao formular as propostas que fas agora. Mais eres parte dunha xestora que non é neutral no proceso precongresual. Quero pensar que apostas pola igualdade,transparencia e democracia, e que non eres un peón de quenes están a utilizar para sí mesmos o PSdeG... Quisera supoñer que non eres coñecedor do que realmente ven acontecendo, porque tiñas que facer unha chamada, ou achegarte aos militantes que sí poden poñerte ao tanto de pucherazos, persecucións, ameazas e despropósitos dos altaneros/as... Quisen entende-lo teu silenzo no último CNG, onde algúns falamos como o fixemos sempre, con lealtade ao partido, aos compañeiros. Tiven unhas palabras túas que agradezo. Benvido ao que vimos manifestando os \"críticos\" por non ser quenta ourellas de ninguén. A independencia e libertade de pensamento ten altos costes nestes tempos de \"políticos profesionais\" que fan piña corporativa. Queremos sumar, integrar, mais non fagocitar e liquidar os pensamentos e as ideas anovadoras. Benvido ao diálogo, cando na cidade que tí ben sabes foron excluidos da túa cita polas Agrupacións os compañeiros da chamada \"alternativa socialista\"... Non os avisaron. Tés bos amigos entre eles... Pido o teu teléfono, o teu correo electrónico e non hai maneira de conseguilo.
O mércores, GONZALO CABALLERO vai a Ourense, a túa terra, para falar cos Delegados/as ao Congreso.Tí tés unha doble responsabilidade, como membro da Xestora e como Secretario Provincial, cal é a de convovar a todos os Delegados/as á cita. Eu non son Delegado, pero penso acudir, e será unha ledicia poder atoparme contigo e con Gonzalo, os dous compañeiros e amigos que tendes o ánimo, o valor e a responsabilidade de facer rexurdir un novo PSdeG. Agardo atoparnos. Saudos do teu amigo e compañeiro

Antonio Chaves
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
alt=
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da...
"A proposta de Feijóo sobre o financiamento das universidades supón un paso máis no desmantelamento dos servizos...
alt=
Os socialistas prensentan o recurso contra a concesión da planta de biomasa de Ence

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla