Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Martes, 9 febreiro 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
O PSdeG-PSOE rexeita e condena calquera forma de violencia, de agresión
O PSdeG-PSOE rexeita e condena calquera forma de violencia, de agresión
Non compartindo en absoluto os postulados da convocatoria defendemos inequivocamente o dereito de manifestación

 

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2009.- En relación cos acontecementos acaecidos esta mañá en Santiago de Compostela arredor da manifestación de Galicia Bilingüe, o vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE, Ricardo Varela, quere puntualizar:


O PSdeG-PSOE rexeita e condena calquera forma de violencia, de agresión, calquera conduta que trate de impedir a libre manifestación dos cidadáns e a expresión das súas ideas.


Non compartindo en absoluto os postulados e argumentos da convocatoria, os socialistas galegos defendemos inequivocamente, como sempre fixemos ao longo da historia política desta país, e defenderemos sempre o dereito de manifestación, o dereito da liberdade de expresión, o dereito que teñen os colectivos de trasladar as súas opinións, un dereito que ninguén pode impedir nin limitar.


Os socialistas galegos apostamos, unha vez máis, polo entendemento, a cooperación e a unidade arredor da lingua; xa que pensamos  que non necesitamos enfrontamentos nin confrontacións en algo tan sensible e tan emblemático para os cidadáns.


Rexeitamos as actitudes daqueles que queren dividirnos co idioma, cos exclusivismos e coas imposicións.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
Serxio Fernández - 09/02/2009
Esta moi ben que non compartades calquera forma de violencia. ¿Que menos non?. Calquer dirixente de calquera institucion democratica ten que facelo. Iso es unha "perogruiada". A resposta que esperan millerios de cidadans coma eu, entende ó que significa o bilinguismo, pois xa nos queda claro que compartir non o compartides.!
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
O PSdeG insta a PP e BNG a acordar a reforma da Lei de Caixas adaptándoa á LORCA para lograr a retirada do recurso
O PSdeG insta a PP e BNG a acordar a reforma da Lei de Caixas adaptándoa á LORCA para lograr a...
Verdes reclama diálogo cos transportistas para acordar as taxas de transporte de gando
Verdes reclama diálogo cos transportistas para acordar as taxas de transporte de gando
alt=
O PSdeG dará "voz propia ao municipalismo" na Conferencia Política que terá lugar os...
Vázquez anuncia a reestructuración do Grupo Parlamentario para abordar políticas que falen
Vázquez anuncia a reestructuración do Grupo Parlamentario para abordar políticas que falen "dos problemas da xente"
alt=
O PSdeG e a Cámara Oficial Mineira analizan a inclusión das propostas do sector na reforma...

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla